Esta plataforma educativa ten como
obxectivo xeral a formación online dos/as solicitantes do certificado de profesionalidade de
Operacións auxiliares de mantemento e transporte interno na industria alimentaria para a impartición dos contidos formativos.
Para lograr a adquisición e mellora de coñecemento do alumnado, a plataforma ten como
obxectivos específicos:
- Dispoñer de contidos formativos deseñados para a adquisición de competencias profesionais:
- nas operacións de limpeza e hixiene xeral en equipos e instalacións e no apoio á protección ambiental na industria alimentaria.
- na axuda no mantemento operativo de máquinas e instalacións da industria alimentaria.
- Permitir obter unha maior comodidade e flexibilidade espazo-temporal do alumnado na súa formación.
- Favorecer a autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa dos/as alumnos/as.
- Ofrecer recursos multimedia (imaxes, gráficos, vídeos, …), permitindo dispoñer de contidos formativos ricos e creativos.
- Posibilitar a actualización inmediata dos contidos formativos dispostos nela.