Moodle

You are not logged in. (Login)

  • Presentación da plataforma


    No mercado laboral, unha importante porcentaxe de persoas ocupadas ou desempregadas non ostentan titulación oficial ningunha pero non obstante, posúen anos de experiencia no desenvolvemento da súa profesión ou cursaron ensinanzas que poden ser susceptibles de obter unha acreditación oficial do coñecemento adquirido.


    Para emendar esta situación, dende as administracións laborais competentes definíronse os certificados de profesionalidade para as distintas familias profesionais, buscando que aquelas persoas que non teñen ningunha acreditación das competencias que posúen, vexan recoñecidos os seus coñecementos, adquiridos a través da formación non oficial ou a experiencia obtida no posto de traballo, e poidan obter unha titulación oficial que os/as capacite para o desenvolvemento dunha actividade laboral, certificando unha cualificación profesional do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales.

    Estes certificados teñen como obxectivo dar resposta ás necesidades do mercado de traballo, baseadas na competitividade, empregabilidade e a inserción laboral, facilitando a libre circulación dos traballadores/as a nivel nacional e comunitario.

    Dentro da familia profesional agraria atópase o certificado de Agricultura Ecolóxica, aprobado polo Real Decreto 1965/2008, de 28 de noviembre, que engloba unha oferta formativa, en base a unha estrutura de módulos formativos, que permite obter o certificado aos/ás profesionais que o soliciten.

    Esta plataforma nace como soporte online para a impartición dos contidos formativos de teleformación asociados ao certificado de Agricultura ecolóxica para a modalidade de impartición mixta (online- presencial).

    Esta ferramenta e os contidos formativos dispostos nela forman parte da acción complementaria de apoio e de acompañamento á formación, convocatoria 2009, denominada Elaboración das guías e materiais didácticos que vai utilizar o profesorado e o alumnado na impartición da formación do certificado de profesionalidade de agricultura ecolóxica, proxecto elaborado por Xóvenes Agricultores (ASAJA Galicia), en colaboración con IDEARA SL, e financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.

    Este certificado, cuxa expedición corresponde á administración laboral competente da Comunidade Autónoma de Galicia, obtense, por unha parte, superando todos os módulos formativos que integran o certificado de profesionalidade e, por outra, mediante os procedementos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas mediante:

    • Experiencia laboral
    • Accións de formación profesional para o emprego (formación ocupacional e/ou continua)
    • Outras vías non formais de formación

Plataforma optimizada para versión de Internet Explorer 8,Safari 5 y Mozilla Firefox 3.6.6
Skip LoginSkip Online Users

Online Users

(last 5 minutes)
None
Skip Search Forums

Search Forums

Solicita: Cofinancian: Colabora: